miércoles, 30 de abril de 2008

Pola sua mala conciencia acusa a oposición dos seus erros.


O PP exixe o alcalde que identifique os concelleiros da oposición que cobran mais que os do goberno.

· O alcalde está moi orgulloso de ter incrementado un 148% o custo das adicacións exclusivas, e de que os carballeses vaian gastar, en este mandato, perto de 1,5 millons de euros para pagar os soldos do goberno.

· Algún concelleiro tivo unha suba salarial do 30% respecto o mandato anterior.

· Todolos concelleiros cobran como si foran titulados superiores.

Carballo, 28 de abril 2008.- O alcalde de Carballo, preso da incoherencia mais absoluta - farto de presumir que él cobra o mesmo que no seu traballo anterior, namentras non esixe a mesma norma para os seus concelleiros delegados - acusa agora a oposición de cobrar mais que os membros do goberno.

Tal acusación merece do Sr. Alcalde unha aclaración detallada, e que explique os datos que acrediten a súa palabra. Pola sua banda e para facilitarlle a sua aclaración, os concelleiros do PP autorizan o Sr. Ferrero que faga públicas as suas remuneracións coma concelleiros.

E lamentable que o alcalde intente, para tapar a sua mala conciencia facendo uso da politica-basura (…calumnia que algo queda) querendo confundir os cidadans e meter a todos no mesmo saco.

A realidade é que éste é o goberno mellor pagado da historia de Carballo, con moitas adicacións que non se xustifican coas responsabilidades que asumen nin co traballo que realizan os concelleiros e con uns soldos absolutamente desproporcionados, fixados considerando a todolos concelleiros como titulados superiores .

lunes, 21 de abril de 2008

Eficiente recollida selectiva

Si a seleción en orixe é boa, pero o servizo de recollida non tanto, pasa o que se pode ver na seguinte foto.

Esta foto corresponde ó exterior da praza de abastos en Carballo. É basura, cartóns para ser máis exactos, que os propios comerciantes deixaron a carón das portas dos seus negocios o pasado Venres 18 de Abril, e que hoxe Luns as dez da mañá, seguía sen recollerse. O mal tempo da fin de semán, axudou a que se esparciran os pedazos por máis lugares.
Non hai dúbida, do excelente funcionamento das distintas áreas do concello de Carballo.
Ademáis, sinalar que o feito prodúcese nun punto de grande concentración de xente, sobre todo pais cos seus fillos, no entorno do Xardín da praza do concello.

miércoles, 16 de abril de 2008

O PP presenta unha moción sobre as normas do Habitat

O día 17 de Abril entran en vigor as Normas do Hábitat Galego, aprobadas por Decreto da Xunta de Galicia o pasado 17 de xaneiro. Todos os sectores implicados están manifestando a súa oposición e adiantando os efectos negativos da mesma. Co obxectivo de evitar os mesmos, o Grupo Municipal Popular presenta esta iniciativa para o seu debate no Pleno da corporación municipal de Carballo.

As Normas do Hábitat Galego que ven de aprobar o Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Vivenda e Solo, pretenden marcar as calidades mínimas coas que se deben construír as novas vivendas.

Estas normas substituirán o actual Decreto de Habitabilidade do ano 1992, e recollen todos os parámetros de cómo deben construírse as vivendas en Galicia, sexan protexidas ou de prezo libre. Estando de acordo co obxectivo global da mellora das condicións das vivendas, en canto supoñan a mellora das condicións de vida dos cidadáns, é necesario modificar moitos aspectos que nelas aparecen recollidos.

A día de hoxe, todos os sectores implicados están manifestando a súa preocupación por diferentes aspectos que se contemplan: invasión na autonomía municipal, encarecemento dos prezos das vivendas, etc..Os informes elaborados por todos os axentes implicados son contrarios ao texto aprobado pola Xunta de Galicia, de aí a preocupación que neste Grupo Parlamentario recollemos de todos e cada un deles.

Carballo é o principal entorno urbano de Bergantiños e un dos máis activos demográficamente da provincia da Coruña e de Galicia. A partires da aprobación do PXOUM no ano 2003 ten experimentado un notable incremento da actividade urbanística , mais alá do chamado Boom inmobiliario, que supón unha fonte de riqueza e desenrolo para o conxunto dos carballeses e para o Concello no seu conxunto.

Esta tendencia positiva, afectada xa por un entorno xeral da economía desfavorabel, vaise ver moi perxudicada pola aplicación do decreto citado na medida en que poña atrancos ou dificulte o
desenvolvemento de polígonos urbanos en plena fase de desenrolo,
o qué, máis alá da influenciatributaria para a administración municipal, suporá un freo para o crecemento daactividade empresarial, da trama urbana de Carballo i en xeral do crecemento do noso Concello.

Por todo isto, o voceiro do Partido Popular en Carballo, Alberto Sueiro, ven de presentar esta moción para o seu debate no pleno polo trámite de urxencia, co fin de derrogar o actual Decreto das Normas do hábitat Galego, para elaborar outra norma legal que naza froito do consenso entre as forzas políticas e sociais, as administracións locais, nomeadamente coa FEGAMP, e os sectores empresariais e profesionais afectados, que permita garantir unha mellor calidade de vida dos cidadáns, e non dificulte o desenvolvemento urbán e urbanístico dos concellos galegos.




martes, 8 de abril de 2008

A presión popular obriga á Xunta a recuar no seu plan de retirar o GRUMIR


Carballo, martes, 8 de abril de 2008.- Na reunión celebrada hoxe pola FEGAMP, a Xunta acordou retrasar a reestructuración dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) ata o ano 2009.

Felicitámonos de que, grazas á presión do noso partido nos concellos afectados, se conseguise paralizar o plan da Xunta de Galicia para retirar os GRUMIR.

Tratábase dunha medida sectaria e partidista, que premiaba a concellos políticamente afíns castigando a outros, caso de Carballo, que perdería un servizo tan necesario para a protección civil.

En Carballo, foi o PP o que levou ó último Pleno este asunto, provocando o posicionamento de toda a Corporación. A raíz da moción do PP, ao goberno municipal non lle quedou máis remedio que romper o seu silencio cómplice coa decisión do goberno galego, que agora se demostra inapropiada. Agardamos que, despois do acordo plenario carballés, a postura do goberno municipal mostre ante a Xunta a firmeza que non demostrou ata agora.

Esperamos que esta prórroga sirva para que o conselleiro de Presidencia reconsidere definitivamente a súa postura, e Carballo poida seguir contando no futuro con estes profesionais formados e preparados para afrontar posibles urxencias.