lunes, 3 de noviembre de 2008

O PP SOLICITA DO GOBERNO PARALIZAR A APLICACIÓN DO AUMENTO DO VALOR CATASTRAL URBANO


Nestes momentos é inoportuna e moi prexudicial para as familias e as empresas

* En tempos de profunda crise non se poden aumentar as dificultades economicas coa aplicación de máis impostos.

* As decisións do goberno de solicitar a revisión catastral e aceptar despois a ponencia de valores, provocará un aumento de máis do 50% no valor das propiedades urbanas.




Carballo, 1 de novembro de 2008.-
A decisión do goberno de Evencio Ferrero de solicitar a revisión catastral e a súa aceptación posterior da ponencia de valores resultante da mesma, provocará un importante impacto nas economías dos veciños de Carballo, por canto o valor das suas propiedades urbanas se verá aumentado en moitos casos por riba do 50%.

Como xa manifestara o PP cando o goberno aprobou este acordo, a decisión de aumentar o valor non afecta únicamente ó I.B.I. (coñecido popularmente como "contribución"), senón que tamén incrementa todolos impostos nos que se precisa a determinación do valor, coma por exemplo, o imposto sobre a Renda, o de Patrimonio, o de Sucesións e doazóns ou o de Transmisións Patrimoniais, polo que toma unha grande transcendencia e aumentará significativamente a presión fiscal que terán que soportar os carballeses.

Mentras outros gobernos presentan medidas de austeridade e anticrise, o goberno de Carballo acepta aumentar o valor catastral, e coma consecuencia disto ata cinco impostos distintos se van ver incrementados.

No actual momento de dificultades é especialmente inoportuno e desaconsellable autorizar a reforma dos valores, polo que o PP solicita do goberno que replantexe a súa decisión e que paralice a aplicación desta revisión para que non dificulte, ainda máis, a situación económica dos carballeses.