sábado, 18 de septiembre de 2010

Reunión coa conselleira de traballo

O Diputado Alberto Sueiro, mantivo hoxe venres unha reunión coa Conselleira de Traballo e Benestar, dona Beatriz Mato, para solicitar o apoio da Xunta de Galicia na construcción da nova escola infantil para Carballo.
Carballo 18/09/2010.- Alberto Sueiro, trasladou a Conselleira o interés do grupo municipal do PP de Carballo de que dende o seu departamento dén a máxima prioridade a construcción de unha nova escola infantil en Carballo. O voceiro do PP expresou á conselleira a necesidade de que a Xunta habilite os recursos necesarios para completar o importe total necesario para execución da obra e que esta poida ser unha realidade no plazo mais breve posible.
Despois de catro anos esperando que o Alcalde de Carballo cumpla co seu compromiso de dotar de novas plazas públicas para os nenos de 0 a 3 anos en Carballo, é necesario que dende todalas Administracions se fagan todoloss esforzos para a construcción de ese novo centro e que se inicie a obra coa maior brevidade. Pola sua banda a Consellería manifestou o seu compromiso de que, ante as dificultades financieras para afrontar o convenio asinado polo bipartito, aportarán as cantidades que se precisen,xunto coa Diputación da Coruña e o Concello de Carballo, para completar o total do investimento.
Beatriz Mato confirmou que a aportación da Xunta de Galicia farase con recursos extraídos do seu departamento correspondentes ao ano 2010, para facilitar que a sua disposición sexa o mais rápida posible e queda a espera que dende o Concello de Carballo lle den traslado de unha petición oficial para iniciar o expediente.
Dende o PP de Carballo valoramos moi positivamente esta confirmación que permitirá que as obras da escola infantil poidan escomenzar canto antes e as nais e pais de Carballo poidamos utilizar este servicio no vindeiro ano.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Como estades moi preocupados polas rotondas, deixobos un dato máis. A peor de todas é a da gasolinera, xa que está mal deseñada. O eixo da estrada non coincide co diámetro da rotonda, co que cando ves de Malpica dirección Carballo tes menos recorrido que cando vas de Carballo dirección Malpica, o que supón un perigo evidente nos desvios dende Malpica cara a gasolinera ou no cambio de sentido, pois cando te acercas a unha rotonda e ves un vehículo de frente fas o seguinte cálculo: o vehículo que ven de frente ten a mesma distancia que eu para xirar, así ainda que veña para a gasolinera cando chegue a miña altura eu xa estarei fora da rotonda, pero non é así, xa que o que veña de Malpica ten que xirar so un cuarto de rotonda. Ademáis cando se ven de Malpcia, non hai que xirar, é unha recta co perigo que supón. Para terminar os usuarios habituais de esta vía, entre os que me encontro, debemos agradecer a voa vontade dos demais usuarios, xa que a día de hoxe, si vas dende Carballo te atopas cun sinal de rotonda (circulo azul coas frechas blancas en forma tamen circular), que indica prioridade para o que xira. Pero si ves dende Malpica non hai sinal algunha, nin de rotonda nin ceda el paso, co que ti ves de Carballo e queres facer un cambio de sentido e vates co que ven de Malpica que non ten sinal. Non será por que non andan en coche os do goberno municipal.