jueves, 28 de octubre de 2010

EVENCIO FERRERO, O ETERNO IRRESPONSABLE

QUERE AGORA EXCUSAR A SUA MALA XESTIÓN, CULPANDO A XUNTA DE TÓDOLOS MALES DE CARBALLO.


A permanente irresponsabilidade de Evencio Ferrero (BNG), un alcalde cuxa única prioridade son as campañas de comunicación y todo tipo de foto-presentacións, permítelle agora culpar a Xunta de Galicia de todas as carencias que hai en Carballo,dende a falla de escolas infantís, que leva prometendo dende hai máis de 4 anos, e nalgún momento dixo que construiría dúas, ata a revisión do Plan Xeral de Urbanismo que leva en curso dende 2005, e agora a negativa da concesión de un obradoiro de emprego, todo é culpa da Xunta.

Ante a constatación de que xa non pode enganar máis os carballeses con máis promesas, agora quere facer o papel de vítima do goberno autonómico, esquecendo que é o mesmo que acaba de rematar as obras do polígono industrial, o mesmo que ten en marcha un convenio de máis de 900.000€ para as obras da travesía de Malpica, o mesmo que vai abrir próximamente a ampliación do centro da terceira idade ou que está a financiar importantes obras de saneamento no noso concello.

O alcalde, nun insulto a intelixencia dos carballeses, non dí que durante 4 anos o BNG tivo as competencias en materia social e puido financiar as escolas infantís, que as competencias de urbanismo foron do goberno bipartito e a revisión do plan non se fixo e por último, que tamén no pasado, o goberno bipartito negou unha escola taller a carballo.

En todas estas ocasións o alcalde non levantou a voz nin unha soa vez para criticar ao goberno do seu partido. Curiosamente dende o ano 2005 o concello de Carballo tivo 3 obradoiros de emprego, con un investimento de máis de 2.100.000 €. Os criterios que se utilizaron na asignación dos obradoiros de emprego para 2010 son exactamente os mesmos que nos anos anteriores, e dende logo, nin antes nin agora, o criterio único foi o número de deseprengados, pois de ser así, como é obvio, todas as políticas activas de fomento de emprego estarían concentradas nas cidades e nas grandes poboacións que son as que concentran o maior número de parados en termos absolutos.

No hay comentarios: