miércoles, 12 de mayo de 2010


O goberno municipal despois de moitos anos, de varios intentos, proxectos,anulacións e moitas promesas e propaganda, escomenzou a obra de reforma da plaza de abastos.

Este asunto, perseguido por unha turbulenta historia nos últimos anos,ten o seu nacemento nun plan estratéxico financiado polo CCA de Carballo no ano 2001, onde se recollían unha serie de actuacións e investimentos ( públicos e privados) para dinamizar e modernizar o pequeno comercio carballés. Un traxecto de caseque 10 anos que se remata agora sen ter en conta as recomendacións que alí se facian.

A partires de aquel momento,escomenzou o via crucis do goberno municipal, e nomeadamente do alcalde, que non resiste un mínimo análise de coherencia nin de actuación planificada. En estos dez anos, Evencio Ferrero fixo un camiño descendente no que a cada fracaso , seguía unha reducción das expectativas defendida co mesmo impetú que anterior.

A saber: dende unha nova plaza con aparcamento e gran superficie incluída pasando por unha nova plaza con aparcamento centrada no incremento de placeiros ( que debían cofinanciar)ata reformar a plaza sen aparcamento, sen aumentar o número de placeiros, e reducindo o espacio público.

Independientemente de outras consideracións, a conclusión básica é que o principal problema non é xa a solución final adoptada, senon a falta de un proxecto claro, integral , de futuro ,de cara onde se quere que camiñe Carballo. Cando ún non sabe o quere todo o que consigue e boo.

O defender coa mesma intensidade unha reforma basicamente estética ( opción final) como un proxecto de reordenacion urbana e comercial, con circulación subterránea incluída (opción inicial), deixa ben as claras que o goberno do BNG non defendía ningunha idea previa. A súa actitud está recollida na sabiduría popular do refraneiro galego, o BNG no tema da plaza.....
tanto lle ten oito coma oitenta.


A partires de esto é bon preguntarse se a principal prioridade de gasto en edificios públicos que tén Carballo e investir mais de 2 Millóns de euros nunha reforma da plaza, para ter o mesmo servizo e perder mais espacio público. E bon preguntarse si a actual oferta comercial de Carballo obriga a ter un edificio de esas características e tamaño na plaza principal de Carballo. A preguntarse si non era necesario facer a lectura axeitada das necesidades e solucionar o verdadeiro problema do centro de Carballo que é a falla de aparcamentos e a concentración do tráfico rodado.

En resumo preguntarnos si pola falla de ambición actual e de visión de futuro non perdemos unha gran oportunidade de replantexarnos fondamente como deberá ser o centro urbano de Carballo para o século XXI ou,cando menos, como queremos que sexa a plaza maior da nosa vila.

Mágoa. Baños Vellos,Iglesia, Concello, Casa de Chinto, vellos antecedentes de decisións cortoplacistas que esperamos non sexan precedentes de unha nova ocasion perdida.